XMC 2020 - CONCERTO DA REAL FILHARMONIA DE GALICIA
A Real Filharmonía de Galicia pecha as Xornadas de Música Contemporánea cun concerto no Auditorio de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave.
REAL FILHAMONÍA DE GALICIA
Maximino Zumalave, director
Programa:
Grażyna Bacewicz (1909-1969)
Concerto para orquestra de cordas (1948)
Manuel Balboa (1958-2004)
Mares Nocturnos (1994)
Xavier de Paz (1963)
From flame to memory (Encargo da RFG, 2008)
Rogelio Groba (1930)
Plenilunio (Premio de Composición Auditorio de Galicia, 2004)
Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia inicia o seu camiño en Santiago de Compostela en 1996. Paul Daniel é, dende 2013, o seu director titular e artístico, posto no que o precederon Helmuth Rilling e Antoni Ros Marbà. Está formada por cincuenta músicos de 17 nacionalidades diferentes. Con sede no Auditorio de Galicia e xestionada polo Consorcio de Santiago, mantén unha temporada de abono estable. Ao longo da súa traxectoria acompañárona os máis destacados directores, cantantes e instrumentistas do mundo. Ten realizado xiras e concertos en escenarios de Alemaña, Austria, Francia, Brasil, Arxentina, Cuba e Portugal, país co que mantén unha estreita colaboración. Comprometida co territorio ao que presta servizo, actúa asiduamente por toda Galicia. A RFG amosa un especial interese pola obra de autores noveis, en particular de compositores galegos. A súa discografía consta de máis de 12 cedés, dedicados a Maurice Ravel, Manuel de Falla, Frederic Mompou, Antón García Abril, Franz Schubert ou José Arriola. A Real Filharmonía de Galicia traballa no achegamento a novos públicos, a través de propostas didácticas, familiares e programas especiais; promovendo ademais a realización de concertos en espazos abertos. A orquestra forma un proxecto conxunto coa Escola de Altos Estudos Musicais, coa que colabora para ofrecer unha formación altamente especializada en práctica orquestral a novos intérpretes.