CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS DO CCG: SONDESEU E O FIADEIRO

Auditorio de Galicia
DATOS BÁSICOS

O Consello da Cultura Galega ofrece un concerto Especial polo Día das Letras Galegas no que a orquestra folk SonDeSeu e o grupo O Fiadeiro, dirixidos por Rodrigo Romaní, interpretarán un repertorio baseado na recereación da música popular. Nel podemos salientar a Suite Cotobade, creada para a ocasión como homenaxe a Antonio Fraguas, protagonista do Día das Letras Galegas 2019.

A entrada a este concerto é de balde, previa retirada de convites (máximo 2 por persoa) desde o xoves día 9 de maio, no despacho de billetes do Teatro Principal, no seu horario habitual. De sobrar entradas, poderán retirarse tamén no propio Auditorio de Galicia o día do concerto desde as 19.00 h. O acceso con entrada será válido ata 10 minutos antes do inicio do concerto. Nese momento, se as entradas están esgotadas e hai butacas baleiras, estas ofreceranse a asistentes que carezan de entrada ata completar a capacidade da sala.

PROGRAMA

I

Suite Cotobade Rodrigo Romaní e Xaquín Xesteira sobre pezas recolleitas no concello de Cerdedo-Cotobade por María Vidal, Guillerme Ignacio e Xisco Feijoo

I. Xota de Caroi 

II. Muiñeira 

III. Ronda de Barro de Arén 

IV. Pasodobre de Viascón

 

II

Ciclotimias Quico Comesaña 

Xota de Cortellas Rodrigo Romaní sobre unha recolleita de Xisco Feijoo 

Maneo de Malpica Xosé Lois Romero sobre unha peza do arquivo de Cántigas da Terra 

Rumbas de Monzo e Vergara Rodrigo Romaní sobre un tema tradicional dos Vergara de Ferrolterra e unha recolleita de Xisco Feijoo 

O Rillachavos Xaquín Xesteira 

O Mandil Quico Comesaña 

Melchor en Cumieira Iván Costa - Rodrigo Romaní sobre unha recolleita da ACF O Fiadeiro

 

SonDeSeu

SonDeSeu foi creada en 2001 polos mestres que desempeñaban o seu labor no daquela denominado Conservatorio de Música Tradicional da Universidade Popular de Vigo, unha escola pública municipal especializada na impartición de diversas disciplinas relacionadas coa musica de tradición oral, contemplada por vez primeira dende unha perspectiva unitaria. A escola denomínase a partir de 2008 Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (E-Trad). SonDeSeu continúa ligada a ela como un programa específico de práctica escénica grupal.

O Fiadeiro

O FiadeiroA ACF O Fiadeiro é unha das agrupación máis activas de Galicia nos procesos de compilación, traballo de campo, expresión escénica e pedagoxía da música e baile da tradición oral. A súa presenza no escenario caracterízase tamén polo particular coidado no vestiario, eido ao que esta agrupación dedica moito do seu labor. Colaboradora habitual de SonDeSeu no apartado da danza, o seu traballo acadou recoñecementos en toda a xeografía galega e española e, na súa xa longa historia, conta con proxección internacional en festivais folclóricos de toda Europa. Participan co Gruoi de Pandeireteiros e co Grupo de Bailadores e Bailadoras.

MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ

Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e a partir desa hora só se venden entradas para o espectáculo do día. Teléfono: 981 542 349

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

Funcións: 
Xoves, 16 Maio, 2019
20:30
Auditorio de Galicia