CONCERTO CON FUSIÓN

DATOS BÁSICOS

Recomendada para alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º primaria

BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO & PÍSCORE

Casiano Mouriño Maquieira, director

O grupo Píscore,  despois de máis de cen funcións co seu primeiro espectáculo - Premio do Público Festiclown 2018, Espectáculo mellor valorado en Domingos do Principal 2018 –, Culturactiva Producións e Píscore presentan a súa segunda montaxe, Concerto Con Fusión.

Mantendo a anterior e exitosa líña de traballo, nesta produción (con)fusionamos música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público. Cunha marimba como eixo principal do espectáculo, Concerto con Fusión incorpora diversos matices musicais, cunha vocación popular e con cabida para diferentes ritmos: música latina, rock & roll, reggae, pop ou música disco.

Catro músicos, descoñecidos, de estilos moi diferentes, chegan ao palco cos seus instrumentos. A aparición dunha marimba e de todas as súas posibilidades fai que, o que podería ser un desastre, se transforme nun divertido exercicio de virtuosismo, cooperación e fusión musical. Entre partituras, atrís e baquetas, os catro protagonistas van descubrindo, pouco a pouco, tema a tema, que teñen un pasado en común e unha incrible querenza por facer músicas (con)fusionando estilos.

 

 

Duración: 
60'
Información da billeteira: 

Gratuíto, previa reserva a través do formulario que poderá descargar no seguinte enlace https://www.compostelacultura.gal/programadidactico e envialo ao correo info@auditoriodegalicia.org na data que figura na carta explicativa

Funcións: 
Xoves, 13 Febreiro, 2020
10:00
Auditorio de Galicia
Xoves, 13 Febreiro, 2020
12:00
Auditorio de Galicia
Venres, 14 Febreiro, 2020
10:00
Auditorio de Galicia
Venres, 14 Febreiro, 2020
12:00
Auditorio de Galicia

UBICACIÓN

Auditorio de Galicia

Auditorio de Galicia

Auditorio de Galicia

Auditorio de Galicia