COMPOSTELA LÍRICA

DATOS BÁSICOS

CONCURSO DE CANTO 'COMPOSTELA LÍRICA'

Asociación de Amigos da Ópera

Un total de 46 participantes competirán no I Concurso de Canto ‘Compostela Lírica’ organizado pola nosa Asociación. O certame celebrarase o sábado 8 e o domingo 9 de decembro en sesións de tarde abertas ao público no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Está destinado a solistas de entre 18 e 35 anos, fomentando así os novos talentos, que competirán por un primeiro premio dotado con 3.000 euros e un segundo premio de 1.000 euros

Amigos da Ópera conta co patrocinio da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña e do Concello de Santiago de Compostela. A Fundación José Otero-Carmela Martínez colabora coa dotación económica dos premios. Ademais, as dúas persoas gañadoras contarán cun recital remunerado que se celebrará en datas aínda por determinar no Teatro Principal de Santiago.

O I Concurso de Canto Compostela lírica desenvolverase en dúas fases, ambas abertas ao público. A primeira celebrarase o 8 de decembro de 2018 ás 18.00 horas e terá un carácter eliminatorio. Cada participante, que no momento da inscrición escolle tres arias diferentes, interpretará unha delas a petición do xurado e na compaña do pianista facilitado pola organización. Tras a a audición e a oportuna deliberación, o xurado anunciará os nomes dos/as solistas que pasan á segunda fase, que se celebrará o domingo 9 decembro ás 19.00 h. Nesa ocasión, os finalistas interpretarán as outras dúas arias pendentes. Finalmente, o xurado emitirá o seu fallo e dará a coñecer os nomes dos/as gañadores/as 

O xurado estará conformado por Arturo Reverter Gutiérrez de Terán (crítico musical), Miguel Borrallo (tenor e promotor musical), Joan Company Florit (director dos Coros da Orquestra Sinfónica de Galicia), Victoria Stapells (crítica musical) e Graziela Valceva Fierro (mezzosoprano e profesora de canto). José María Miranda, secretario da Asociación, exercerá como secretario do xurado sen voz nin voto.

Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Venda anticipada de martes a sábado de 18.00 a 21.00h. O sábado, 8 ábrese a billeteira ás 16:30 h e o domingo, 9 ás 17:30 h.

entradas.abanca.com 981 910 544 

Funcións: 
Sábado, 8 Decembro, 2018
18:00
Teatro Principal
Domingo, 9 Decembro, 2018
19:00
Teatro Principal