COMPOSTELA ILUSTRADA 2018

DATOS BÁSICOS

COMPOSTELA ILUSTRADA

3º ENCONTRO INTERNACIONAL DE CADERNOS DE VIAXE

O Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, nace no ano 2016 da man de El Patito Editorial e Miguelanxo Prado como director; concebido como un salón de inverno para cadernistas na cidade de Santiago . O obxectivo que persegue este evento, que se realiza durante a segunda fin de semana do mes de novembro, é traer aos mellores profesionais desta arte para compartir as súas experiencias a través de conferencias, exposicións e xornadas de debuxo en vivo.  Na primeira edición, 2016, a temática foi o encontro en si mesmo, en 2017 foron os Camiños a Santiago e nesta terceira edición, 2018, é a Natureza Urbana, os parques e xardíns que rodean a cidade. Turismo, cultura e arte mestúranse en Compostela Ilustrada, porque estas tres pezas son as claves deste encontro, que busca descubrir e promover unha cidade diferente entre todos aqueles e aquelas que se acheguen ata aquí.

Gemma Sesar (coordinadora de Compostela Ilustrada)

 

Director: Miguel Anxo Prado

 

Debuxantes: Ana Luisa Frazçao, Carlos Silvar, Celia Burgos, Javier Mariscal, Joaquín Gónzalez Dorao, Maru Godas, Juan Linares, Miguel Anxo Prado, Ana Moreiras, Urumo, Catalina Rodríguez, Alicia Aradilla, Nanda Cabaleiro, Pablo Otero, Javier Valles e Isabel Carmona

 

Toda a información en: compostelailustrada.com

 

 

 

Información da billeteira: 

Entrada libre ata completar aforo

compostelailustrada.com

Funcións: 
Xoves, 8 Novembro, 2018 a Sábado, 10 Novembro, 2018
Varios lugares

UBICACIÓN