COMPOSTELA CULTURA MÚSICA 2021

DATOS BÁSICOS

Neste primeiro semestre teremos dentro da programación músical de Compostela Cultura, a Abe Rábade Trío, o espectáculo Sa Mateixa, a FAIA, Sumrrá, Guadi Galego, Ana Tijoux, Ortiga & Grande Amore e Fatoumata Diawara.

Complétase a proposta musical coas temporadas de Abono do Auditorio de Galicia-Real Filharmonía de Galicia e da Banda Municipal de Música de Santiago.

Para máis información e MERCAR ENTRADAS podes consultar a ficha de cada evento nesta mesma web.

Entradas: 

* RECOMÉNDASE A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS EN LIÑA

Venda de entradas en liña: desde o luns da semana do evento ás 10.00 h en compostelacultura.gal

Venda de entradas presencial: a partir do luns da semana do evento nos horarios habituais.

  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Se a función é fóra dese horario, o despacho abrirá 1h 30min antes do seu inicio. Teléfono: 981 542 349
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de evento desde 1h 30min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026
Funcións: 
Mércores, 24 Febreiro, 2021 a Xoves, 10 Xuño, 2021
Varios lugares