COLAPSOLOXÍAS_YAGO PORTELA SEIJO

DATOS BÁSICOS

ESCOITAS CIRCULARES

Yago Portela adéntranos no universo sonoro da tradición familiar e a súa relación co son, que se manifestou a través de diferentes enxeños deseñados para a captación e reprodución sonora que marcan un fito na historia tecnolóxica e musical de Galicia, como é o caso do Organsound.

Este altofalante ten unhas características acústicas inusitadas e aínda hoxe se pode escoitar o modelo orixinal na tenda Yago Portela, fillo de Juan Portela, en Santiago de Compostela, quen o describe da seguinte maneira: «O  Organsound é un altofalante que consegue a separación total dos sons, tanto a un volume extremadamente baixo como altísimo, xerando unha sensación envolvente e orquestral na que non se perden harmónicos nin se introducen ruídos. En liñas xerais, á vista, é unha caixa con tubos. Pero cada tubo ten unha dimensión que se corresponde cun rango de frecuencia. É coma se cada unha desas frecuencias atopase un camiño axeitado para expandirse.»

+ INFORMACIÓN EN: COLAPSO COLECTIVO

Duración: 
50 MIN
Entradas: 
  • RETIRADA DE INVITACIÓNS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Horario especial de agosto: de martes a sábado, de 11 a 14 h. Teléfono 981 542 462
  • No caso de quedar entradas, repartiranse desde media hora antes do inicio do evento no lugar de celebración do mesmo.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Venres, 13 Agosto, 2021
18:30
Auditorio de Galicia