COLAPSOLOXÍAS_TROPA MACACA

DATOS BÁSICOS

CONCERTO ACCESIBLE*

Tropa Macaca son André Abel e Joana da Conceição, con base en Lisboa. Cren que a súa música poética ten o seu propio ser, o seu propio dinamismo. Provén dunha ontoloxía directa e a través dela maniféstanse forzas que transcenden o racional. Cualificados como creadores de “música verdadeiramente misteriosa feita para e por xente aventureira e vibrante” (Daniel  Lopatin) ou mestres de “esculturas no pechadas e que cambian de forma” ( Low  Company). As súas gravacións foron publicadas por selos como  Siltbreeze, Software e  The  Trilogy Tapes, ademais de  autoeditados. Actuaron en Brasil, Europa e Reino Unido, e presentaron propostas estéticas orixinais en espazos como  Passos Manuel,  Lux Fráxil,  MNAC,  Serralves,  Cafe  Oto,  Fylkingen, Mambo,  Salon des  Amateurs e  na MK  Gallery.

TROPA MACACA

 

*ACCESIBILIDADE

Desde o espazo de residencia de COLAPSOLOXÍAS apóstase pola cultura como instrumento de transformación social, contribuíndo na promoción do dereito das persoas para participar en condicións de igualdade na vida cultural. Desde xeito, no marco desta residencia artística, facilitarase o acceso ao servizo de Mochilas Subpac e de interpretación de Lingua de Signos durante o concerto.

Previa inscrición no correo: info@extramundi.org

Colapso Colectivo intégrase como unha liña de acción colaborativa da Asociación Extramundi, rede profesional multidisciplinar encamiñada a xerar procesos de equidade social a través da construción de sociedades máis inclusivas e diversas (habitats máis humanos). Para esta ocasión contamos coa colaboración novamente dos nosos compañeiros da Asociación ACOPROS.

+ INFORMACIÓN EN: COLAPSO COLECTIVO

Duración: 
60 MIN
Entradas: 
  • RETIRADA DE INVITACIÓNS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Horario especial de agosto: de martes a sábado, de 11 a 14 h. Teléfono 981 542 462
  • No caso de quedar entradas, repartiranse desde media hora antes do inicio do evento no lugar de celebración do mesmo.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Sábado, 14 Agosto, 2021
20:30
Auditorio de Galicia