ESCOITAS CIRCULARES
SALA CIRCULAR_AUDITORIO DE GALICIA
Phonos é un centro de creación, presentación e divulgación de música e artes sonoras comprometidas coas novas tecnoloxías. Como centro pioneiro no ámbito da música electrónica e electroacústica en España, con máis de 45 anos de traxectoria, conta cun dos arquivos sonoros máis nutridos do estado neste ámbito. Hoxe en día, a súa misión fundamental segue sendo a de establecer pontes entre a creación sonora, a investigación en tecnoloxía e a acción cultural. Nesta sesión de escoita, recuperaremos material do fondo sonoro de Phonos, con fincapé en propostas desenvolvidas na actualidade.
+ INFORMACIÓN EN: COLAPSO COLECTIVO