COLAPSOLOXÍAS_O QUE NON SE ESCOITA_SOREX

DATOS BÁSICOS

ROTEIRO

Punto de encontro: Porta principal do Auditorio de Galicia

Nº de persoas: 20 previa retirada de convite

Para todos os públicos

A actividade terá unha duración de 2 horas

 

Os quirópteros constitúen o grupo de mamíferos máis numeroso despois dos roedores.

Malia isto, resulta ser un dos grupos menos coñecidos, e probablemente os seus hábitos nocturnos, rodeáronos de misticismo ao longo da historia. Trátase do grupo de mamíferos mais ameazado e sensible aos cambios. A maioría das especies poden orientarse a través do son, na escuridade...

“Sorex, Ecoloxía e Medio Ambiente” está constituída por biólogos que se dedican dende hai tempo á xestión ambiental. Xeralmente os nosos estudos lévannos a tratar coa xente das aldeas, cos veciños de certa idade que coñecen o campo e a Natureza, a fauna, as súas tobeiras e os seus rastros. E atopamos tamén que atesouran un gran acervo de lendas e mitos que envolven aos animais e o seu entorno. Non obstante, nas seguintes xeracións parece existir unha desvinculación co medio natural e, en xeral, unha perda dos coñecementos ecolóxicos locais.

Por este motivo, vemos a necesidade de desenvolver unha serie de actividades de educación ambiental, destinadas a achegar o mundo natural á xente da rúa, e principalmente a rapaces de distintas idades.

O obxectivo principal das mesmas é achegar o público en xeral a uns grupos faunísticos bastante descoñecidos e que, polo xeral, están rodeados de lendas e crenzas populares que lles dan mala fama. Así mesmo, unha pequena aproximación ás técnicas de estudo destes grupos, con exemplos de traballos feitos en Galicia, axudarán a achegar a ciencia aos cidadáns, mostrando que o que sae nos documentais tamén se desenvolve no seu entorno.

Comezarase cunha breve introdución sobre os morcegos e a súa bioloxía, así como as distintas metodoloxías de traballo empregadas polos científicos para estudar a estas especies. Logo, realizarase un percorrido nocturno polos parques e zonas verdes da cidade, empregando detectores de ultrasóns para poder escoitar os morcegos que conviven connosco.

A mellor época para a realización desta actividade son os meses de maio a agosto por ser as épocas de maior actividade destas especies.

MATERIAL QUE SE ACHEGARÁ: Detectores de ultrasóns e materiais de referencia.

MATERIAL QUE DEBE LEVAR O/A PARTICIPANTE: Lanternas, roupa cómoda e de abrigo.

+ INFORMACIÓN EN: COLAPSO COLECTIVO

Duración: 
2 H.
Entradas: 
  • RETIRADA DE INVITACIÓNS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Horario especial de agosto: de martes a sábado, de 11 a 14 h. Teléfono 981 542 462
  • No caso de quedar entradas, repartiranse desde media hora antes do inicio do evento no lugar de celebración do mesmo.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Martes, 10 Agosto, 2021
20:45
Auditorio de Galicia