COLAPSOLOXÍAS_MESA E OBXECTOS_FARALDO

DATOS BÁSICOS

CONCERTO

SALA DE EXPOSICIÓNS_AUDITORIO DE GALICIA

Activo como creador de música experimental, Ángel Faraldo estende o seu traballo con instalacións sonoras, accións site-specific e deseño de son para danza e teatro. O seu traballo céntrase na exploración sistemática de procesos que maximizan recursos mínimos, desenvolvendo unha perspectiva crítica e ecolóxica da música electrónica en vivo, tal e como se materializa no seu ciclo The Feedback Study Series, sexa co sintetizador numérico MISS ou co seu achegamento á no-input-mixing. Ademais, desenvolve un intenso labor como intérprete e realizador de música electrónica en vivo, particularmente como director artístico da Fundació Phonos en Barcelona. Formouse no Conservatorio Superior de Música de Madrid e no Instituto de Sonoloxía (A Haia), obtendo o seu doutorado no Music Technology Group da Universidade Pompeu Fabra (Barcelona), onde exerce de profesor asociado.

“Mesa e Obxectos é unha serie de traballos que utilizan procesos de retroalimentación acústica para explorar as propiedades sonoras de obxectos e materiais cotiáns (como caixas de cartón, cuncos ou copas), creando situacións íntimas de resonancias cerimoniais. O termo “mesa” fai referencia tanto á mesa de mesturas sen entradas (retro-alimentada), como á propia mesa onde os obxectos son colocados e manipulados, exercendo así mesmo como corpos amplificantes. Gústame comparar as pezas desta serie ao tema da Natureza Morta na pintura barroca, no que se presentan arranxos de obxectos en composicións meticulosamente concibidas, ofrecendo a oportunidade para o estudo da forma ou da cor. De modo semellante, cada unha das pezas de Mesa e Obxectos explora un tipo de obxecto, forma ou material cunha técnica sonora particular, e poden ser interpretadas individualmente ou en combinación.”

+ INFORMACIÓN EN: COLAPSO COLECTIVO

Duración: 
60 MIN
Entradas: 
  • RETIRADA DE INVITACIÓNS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Horario especial de agosto: de martes a sábado, de 11 a 14 h. Teléfono 981 542 462
  • No caso de quedar entradas, repartiranse desde media hora antes do inicio do evento no lugar de celebración do mesmo.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Mércores, 4 Agosto, 2021
20:30
Auditorio de Galicia