COLAPSOLOXÍAS_ELVIN BRANDHI

DATOS BÁSICOS

CONCERTO ACCESIBLE*

Elvin Brandhi é unha improvisadora lírica, produtora e artista de son de Bridgend, Gales, que constrúe aberrantes latexos desde gravacións de campo, cinta magnética, vinilo, instrumento e voz. Empregando son e voz como unha lingua expansiva que transgride a sistémica intrínseca e as etiquetas sintácticas herdadas, os seus shows en vivo son refachos inquebrantables de animación en erupción onde o seu cáustico monólogo interior rebulda con peso inquieto. Tamén é a metade dos berserkers de noise-improv pai e filla, Yeah You, que publicaron en Alter, Slip, Opal, Psychik Dancehall e Good Food.

 

*ACCESIBILIDADE

Desde o espazo de residencia de COLAPSOLOXÍAS apóstase pola cultura como instrumento de transformación social, contribuíndo na promoción do dereito das persoas para participar en condicións de igualdade na vida cultural. Desde xeito, no marco desta residencia artística, facilitarase o acceso ao servizo de Mochilas Subpac e de interpretación de Lingua de Signos durante o concerto.

Previa inscrición no correo: info@extramundi.org

Colapso Colectivo intégrase como unha liña de acción colaborativa da Asociación Extramundi, rede profesional multidisciplinar encamiñada a xerar procesos de equidade social a través da construción de sociedades máis inclusivas e diversas (habitats máis humanos). Para esta ocasión contamos coa colaboración novamente dos nosos compañeiros da Asociación ACOPROS.

+ INFORMACIÓN EN: COLAPSO COLECTIVO

Duración: 
60 MIN
Entradas: 
  • RETIRADA DE INVITACIÓNS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h (Luns pechado). Teléfono 981 542 462
  • No caso de quedar entradas, repartiranse desde media hora antes do inicio do evento no lugar de celebración do mesmo.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 22 Xullo, 2021
20:30
Auditorio de Galicia