COLAPSOLOXÍAS_BEN VINCE

DATOS BÁSICOS

CONCERTO

Ben Vince é un compositor e intérprete sorprendente, coñecido polas súas exploracións de  saxofón improvisado en vivo e as súas técnicas inventivas para crear novos ritmos, texturas, espazos e ambientes. A través de gravacións sonoras, manipulación de son,  reprocesamento e loops, xa sexa no estudo ou no escenario, o seu enfoque espontáneo pero intuitivo e a súa natureza colaborativa, superan as aparentes limitacións do seu instrumento principal. Despois de traballar para a promotora e selo discográfico  Nonclassical, agora é un músico destacado entre unha nova xeración de artistas experimentais: tocando en solitario, con  EP/64, co enigmático  Coby Sey ou con Jacob Samuel, e agora establecido como o quinto membro da banda post-punk Housewives.

Vince tamén ten colaboracións de estudo notables co produtor electrónico Joy Ou; a artista e compositora pop experimental nomeada ao Óscar, Micachu, tamén coñecida como Mica  Levi; e moitos outros grandes nomes na esfera experimental, incluídos Valentina Magaletti,  Visionist e Gigi Masin. Capaz de escoitar con atención e ser receptivo aos seus colaboradores e á enerxía dos seus espazos de actuación, ademais de lanzar 5 álbums en solitario en 3 anos, Ben é un artista excepcional e exemplo dunha nova onda de músicos xurdida en Londres.

+ INFORMACIÓN EN: COLAPSO COLECTIVO

Duración: 
60 MIN
Entradas: 
  • RETIRADA DE INVITACIÓNS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Horario especial de agosto: de martes a sábado, de 11 a 14 h. Teléfono 981 542 462
  • No caso de quedar entradas, repartiranse desde media hora antes do inicio do evento no lugar de celebración do mesmo.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Mércores, 11 Agosto, 2021
20:30
Auditorio de Galicia