'Colapsoloxías' é unha residencia centrada na experimentación e na creación sonora, que se celebrará do 2 de xullo ao 15 de agosto no Auditorio de Galicia e espazos exteriores da cidade organizada por Colapso Colectivo. A vocación do evento é tecer unha rede de intercambio con diferentes proxectos e artistas que entenden a música e a creación desde unha perspectiva crítica afín ás dinámicas de traballo do Colectivo. Ao mesmo tempo busca fomentar a colaboración e o intercambio entre as persoas artistas participantes e axentes locais.
En total son 36 eventos: 20 concertos e Dj set, 5 CoLabs, 6 escoitas circulares e 4 roteiros.
Podes descargar aquí:
- PROGRAMA COMPLETO EN PDF
- CARTEL
Web: http://colapsoloxias.colapsocolectivo.org/
Para máis información e RETIRAR CONVITES podes consultar a ficha de cada evento nesta mesma web.