COLAPSOLOXÍAS_ DISPOSOFONIAS

DATOS BÁSICOS

CoLAB

DISPOSOFONIAS / HENRIQUE FERNANDES, GUSTAVO COSTA E RODRIGO ARAYA

Disposofonias é un obradoiro de investigación sonora desenvolvido por Sonoscopia en colaboración co artista Rodrigo Araya a partir da experimentación con diferentes obxectos cotiáns que cobran vida a través da interacción e a performance.     

 

GUSTAVO COSTA

Gustavo Costa (n. a 1976 no Porto) Iniciou os seus estudos musicais en 1989 na Escola de Jazz do Porto. En 1998 concluíu o curso de percusión na Escola Profissional de Música de Espinho, baixo orientación de Miguel Bernat. En 2002 concluíu a licenciatura en Produción e Tecnoloxías da Música, na Escola Superior de Música e das Artes do Espectáculo, no Porto. Estudou batería no Drumtech Music Institute, en Londres e Sonoloxía no Conservatorio Real da Haia cos profesores Konrad Boehmer e Clarence Barlow. En 2010 termina o mestrado en Composición e Teoría Musical na Escola Superior de Música e das Artes do Espectáculo, no Porto, onde estudou cos profesores Dimitris Andrikopoulus e Frederick Gifford, asistindo a seminarios de composición con Jonathan Harvey e Kaija Saariaho. Como músico e compositor participou en numerosos proxectos musicais nas áreas do rock underground, música improvisada e electroacústica. Tocou con Damo Suzuki, Steve Mackay, Jamie Saft, John Zorn´s Cobra (dirixido por John Zorn), Barbez, Três Tristes Tigres, Mark Stewart, Bruce Geduldig, Alfred Harth, Margareth Kammerer, Martin Brandlmeyer, Raz Mesinai, Massimo Pupilo, Helge Hinteregger, Xavier Charles ou Adolfo Luxúria Canibal, entre moitos outros. Tocou en 19 países europeos,  Estados Unidos, Líbano e Xapón, tendo o seu traballo editado en varias editoriais discográficas. Obtivo tamén o 1º premio no concurso de composición electroacústica Música Viva 2000, promovido pola Miso Music. Foi profesor asistente no curso de Música Electrónica e Produción Musical, na Escola Superior de Artes Aplicadas, en Castelo Branco, e no curso de composición da Escola Superior de Música do Porto. Actualmente asiste ao programa doutoral en Medios Dixitais na FEUP, Porto, onde é bolseiro pola Fundação de Ciência e Tecnologia.

HENRIQUE FERNANDES

Iniciou os seus estudos musicais no ano de 1992 na Escola Profissional e Artística do Vale do Ave, na classe de contrabaixo do Prof. Alexander Samardjiev, tendo concluído em 2005 o curso superior de música, na especialidade de Contrabaixo na Escola Superior de Música e Artes do espectáculo do Porto, na classe do Prof. Florian Petzborn.
Paralelamente ao universo da música erudita, integra diversos projectos da  música experimental, tais como: Mécanosphère, Lost Gorbachevs, Two white monsters around a round table, Sektor 304, Stealing Orquestra,estilhaços, radial chao opera,  Srosh ensemble, Space ensemble, entre outros. Tocou com Damo Suzuki, Steve Mackay, John Zorn Cobra (dirigido por John Zorn), Três Tristes Tigres, Mark Stewart, Alfred Harth, Fritz Hauser, Adolfo Luxúria Canibal, entre muitos outros. Tem tocado regularmente em toda a Europa .
Nos últimos anos tem desenvolvido algum trabalho na construção de instrumentos musicais e objectos sonoros que utiliza em diversos projectos musicais ou workshops na área da criatividade musical.

RODRIGO ARAYA

O seu traballo desenvólvese nos límites das artes visuais, as artes auditivas e a performance. Mediante presentacións pensadas para espazos exteriores e interiores, explora diferentes relacións espaciais físicas e obxectuais que inciden sobre a percepción e a conduta humana. As súas obras, xeralmente temporais e para lugares específicos, utilizan obxectos domésticos encontrados, os cales transforman a súa familiaridade diaria en espectáculos inesperados que transcenden os seus valores simbólicos e utilitarios. Estes traballos toman forma en instalacións, montaxes e performances, contornos dinámicos que combinan estruturas arquitectónicas, sonoras e lumínicas.

Traballando activamente dentro e fóra de Chile, as súas propostas mostráronse en distintos circuítos artísticos intermediais, encontros e festivais experimentais, exposicións, traballos editioriais, selos discográficos e outras formas de creación de coñecemento.

 

Colapsoloxías é unha residencia colectiva que ten como eixo central a sala de exposicións do Auditorio de Galicia. Este espazo convertese en area de traballo conectada con outros espazos da cidade nos que acontecen concertos, performances, residencias de creación, presentacións e roteiros, todo elo xirando arredor do son e da escoita. A medida que avanza o intercambio de experiencias e coñecementos, a sala de exposicións vai mutando nun proceso de acumulación gráfica e sonora de todo o acontecido dentro de Colapsoloxías.

Reserva para visitar a sala de exposicións: Estaremos encantados de que te achegas a participar nas diferentes actividades, revisar a documentación xerada ou a coñecer os diferentes procesos de traballo.

Reserva no mail: info.colapso@gmail.com

+ INFORMACIÓN: COLAPSO COLECTIVO

 

Duración: 
3 H.
Entradas: 
Funcións: 
Luns, 26 Xullo, 2021
17:00
Martes, 27 Xullo, 2021
17:00
Mércores, 28 Xullo, 2021
17:00
Xoves, 29 Xullo, 2021
17:00