COLAPSOLOXÍAS

DATOS BÁSICOS

'Colapsoloxías' é unha residencia centrada na experimentación e na creación sonora, que se celebrará do 2 de xullo ao 15 de agosto no Auditorio de Galicia e espazos exteriores da cidade organizada por Colapso Colectivo. A vocación do evento é tecer unha rede de intercambio con diferentes proxectos e artistas que entenden a música e a creación desde unha perspectiva crítica afín ás dinámicas de traballo do Colectivo. Ao mesmo tempo busca fomentar a colaboración e o intercambio entre as persoas artistas participantes e axentes locais.

En total son 36 eventos: 20 concertos e Dj set, 5 CoLabs, 6 escoitas circulares e 4 roteiros.

Podes descargar aquí:

- PROGRAMA COMPLETO EN PDF

- CARTEL

Web: http://colapsoloxias.colapsocolectivo.org/

Para máis información e RETIRAR CONVITES podes consultar a ficha de cada evento nesta mesma web.

Entradas: 
  • RETIRADA ENTRADAS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h [En agosto abre de martes a sábado, de 11 a 14 h]. Teléfono 981 542 462
  • Se quedan entradas o día do evento, poderán retirarse desde media hora antes do comezo do mesmo, no espazo onde se celebra.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Venres, 2 Xullo, 2021 a Domingo, 15 Agosto, 2021
Varios lugares