Dirección: Stanley Kubrick
Reino Unido, Estados Unidos / 1971 / Longametraxe / Ficción / Inglés
Ficha artística
Malcolm McDowell, Patrick Magee, Michael Bates, Adrienne Corri, Warren Clarke, John Clive, Aubrey Morris.
Ficha técnica
Guión: Stanley Kubrick (Novela: Anthony Burgess).
Fotografía: John Alcott.
Música: Wendy Carlos.
Produción: Warner Bros. / Hawk Films.
Sinopse
Gran Bretaña, nun futuro indeterminado. Alex é un mozo moi agresivo que ten dúas paixóns: a violencia desaforada e Beethoven. É o xefe da banda dos drugos, que dan renda solta aos seus instintos máis salvaxes mallando, violando e aterrorizando a poboación. Cando esa escalada de terror chega ata o asasinato, Alex é detido e, en prisión, someterase voluntariamente a unha innovadora experiencia de reeducación que busca anular calquera indicio de conduta antisocial.
Premios
- Premo Pasinetti á mellor longametraxe estranxeira no Festival de Venecia 1972.