Música tradicional
Recomendada para alumnos de 3º a 6º Primaria
BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO
Casiano Mouriño Maquieira, director
SUSO VAAMONDE, músico narrador
Unha idea de Juan Lois e Suso Vaamonde
Baseándose nas melodías máis popularmente coñecidas da Historia da Música Clásica, Juan Lois Diéguez acomete unhos arranxos para banda de música e instrumentos populares galegos. Estos diferentes instrumentos (noz, charrasco, tarabela, culleres, pandeiro, pandeira, tixola, lata, zanfona, requinta, asubío, gaita, sacho...) interpretados por Suso Vaamonde, convértense nos protagonistas que poñen o “acento galego” a melodías archicoñecidas polo público en xeral.
Unha idea para achegar obras de Beethoven, Strauss, Bizet, Grieg, Rossini ou Brahms ao público non entendido neste tipo de música, pero que as recoñecerá pola súa popularidade, e co incentivo de escoitalas interpretadas por instrumentos tan populares coma singulares.
O concerto desenvólvese combinando a música coas explicacións didácticas dos instrumentos empregados, tanto das súas características morfolóxicas, como da técnica empregada en cada ocasión. Todo envolto cun discurso ameno e en clave de humor para achegar ao público máis novo este tipo de música dun xeito divertido.
As obras escollidas van dende “Así habló Zaratustra” de R. Strauss, pasando pola “Obertura de Guillermo Tell” de Giacomo Rosini, o “Minueto en Mi Maior” de Luigi Boccherini, o “Bolero”, de Maurice Ravel, a “Danza do sable” de Aram Jachaturián, a “Danza Húngara nº 5” de Johannes Brahms, etc.
Programa:
Juan Lois Diéguez e Suso Vaamonde
Así habló Zaratustra, R. Strauss - (ACORDEÓN DIATÓNICO)
Cabalgata de las Walkirias, R. Wagner - (PANDEIRO, PANDEIRA e PANDEIRETA)
Im Krap Fenwaldl, Johann Strauss - (ASUBÍO)
Carmen, Obertura, Georges Bizet - (GADAÑA, SACHO E FOUCIÑO)
Bolero, Maurice Ravel - (GAITA EN DÓ)
Minueto en Mi Maior, Luigi Boccherini - (ZANFONA)
Bodas de Luís Alonso, Gerónimo Giménez - (CHARRASCO, NOZ, CARRIZO)
Danza do sable, Aram Jachaturián - (ASUBÍO en DÓ)
Obertura de Guillermo Tell, Giacomo Rossini (CULLERES, COITELO E TÁBOA, ALMIREZ E TIXOLA)
Danza Húngara nº 5, Johannes Brahms - (GAITA EN DÓ)