CINTA ADHESIVA

DATOS BÁSICOS

FESTIVAL C (toda a programación aquí)

ALAMEDA (ESTATUA DE LORCA)

CINTA ADHESIVA

OS FÍOS, AS SEMENTES

POESÍA

 

Nesta peza de poesía e posta en escena, recóllense textos de Silvia Penas, principalmente recitados, pero tamén cantados, e composicións musicais (electrónica) de Jesús Andrés Tejada. Ambos os dous conforman o dúo de poesía escénica Cintaadhesiva. Darán conta dunha viaxe a través dun camiño fronteirizo que leva á voz poética cara ao empoderamento final. É un percorrido polos diferentes obstáculos cos que se vai atopando un eu poético que mesmo teme aos seus propios soños e ás palabras. O espazo doméstico e as súas gretas, as súas pequenas e grandes violencias. Pretende abrir camiños de reflexión, pequenos pasos que cuestionen os esquemas sociais predominantes e os estereotipos de xénero.

Cintaadhesiva

Proxecto literario-musical que, sobre o fío condutor da música de Jesús Andrés Tejada, os textos de Silvia Penas van dotando de significado as melodías, os ritmos, a cadencia e as imaxes. Trátase dunha totalidade orgánica onde texto, música e vídeo non se acompañan, senón que tratan de fundirse e confundirse. Incluso ás veces o recitado convértese en canción.

 

OS FÍOS, AS SEMENTES

POESÍA

Baixo o título “Os fíos, as sementes” presentamos catro propostas poéticas nas que a poesía é, ademais dunha experiencia artística, tamén un vehículo para contarnos historias. Unha serie de catro recitais, os días 10, 17, 24 e 31 de agosto de 2022, con formatos moi distintos pero todos eles pensados para desenvolverse ao aire libre.

Alicia Fernández, Berta Dávila, Jesús Castro Yáñez, Isaac Xubín e Cintaadhesiva estarán a cargo destes recitais nos que poderemos oír voces diversas, acompañadas de instrumentos musicais e outros aparellos, trenzadas a versos nuns recitais pensados para ser performados no exterior ante un público diverso.

Entradas: 

ACCESO LIBRE

Funcións: 
Mércores, 31 Agosto, 2022
20:00
Alameda