Cineuropa cumpre cunha das súas citas máis esperadas: a proxección dunha película sorpresa do festival.
Como en cada edición, haberá un único pase desta cinta que os afeccionados poderán ver este mércores, 27 de novembro, ás 18:00 horas, no Salón Teatro.
Para animarvos a acudir á cita e non perder a expectación, iremos dando algunhas pistas sobre esta famosa película da década dos 70.
Este filme non será o único pois ofreceremos outro dos anos 80 (día 26) e outro da colleita de este ano 2019 (día 19)
Estamos seguros de que este filme tamén será un dos títulos recordados en Cineuropa. Deixádesvos sorprender?