CINEUROPA | SESIÓN SORPRESA ANOS 70

DATOS BÁSICOS

Cineuropa cumpre cunha das súas citas máis esperadas: a proxección dunha película sorpresa do festival.

Como en cada edición, haberá un único pase desta cinta que os afeccionados poderán ver este mércores, 27 de novembro, ás 18:00 horas, no Salón Teatro.

Para animarvos a acudir á cita e non perder a expectación, iremos dando algunhas pistas sobre esta famosa película da década dos 70. 

Este filme non será o único pois ofreceremos outro dos anos 80 (día 26) e outro da colleita de este ano 2019 (día 19)

Estamos seguros de que este filme tamén será un dos títulos recordados en Cineuropa. Deixádesvos sorprender?

Duración: 
??
Información da billeteira: 

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Funcións: 
Mércores, 27 Novembro, 2019
18:00
Salón Teatro

UBICACIÓN