16.15 h: MESA REDONDA JONAS MEKAS
Esta mesa pretende ser tanto unha homenaxe ao desaparecido cineasta como unha posta ao día da relevancia do seu cinema, do seu legado e a importancia para varias xeracións de cinéfilos, cineastas, directores de festivais...
Ángel Rueda, codirector do festival (S8)
Ángel Santos, cineasta e director do Festival Novos Cinemas
Jaione Camborda, cineasta
Xisela Franco, cineasta
Moderada por Javier Trigales, coordinador de programación do festival
PROXECCIÓN DOS FILMES:
17.30 h WALDEN: DIARIES, NOTES AND SKETCHES (1969)
Jonas Mekas
Estados Unidos / 180 min. / Documental / Inglés
Ficha artística: Timothy Leary, Ed Emshwiller, Jack Smith, Mario Montez, Nico Edie Sedgwick, Andy Warhol, Judith Malina, Storm De Hirsch, Norman Mailer
Ficha técnica:
Guión: Jonas Mekas
Fotografía: Jonas Mekas
Sinopse:
Poeta e heroe da contracultura americana, o lituano Jonas Mekas (1922) inventou o diario filmado. Walden, o seu primeiro filme-diario completo, é un retrato épico da escena vangardista neoiorquina dos anos 60 e, tamén, un innovador e persoal traballo cinematográfico.
Proxección en 16 mm sen subtítulos
21.00 h IN BETWEEN (1978)
Jonas Mekas
Estados Unidos / 53 min. / Documental / Inglés
Ficha técnica:
Guión: Jonas Mekas
Fotografía: Jonas Mekas
Sinopse:
O filme reúne imaxes filmadas entre 1964 e 1968 desbotadas polo director en Walden. Aínda que se centra principalmente en Nova York, tamén inclúe gravacións de viaxes e as aparicións, entre outras, de David Wise, Salvador Dalí, Allen Ginsberg, Jack Smith, Shirley Clarke, Jane Holzer e Mel Lyman.
Proxección en 16 mm sen subtítulos