CINCO HORAS CON MARIO
PENTACIÓN
MemoriaPresente
TerritoriodasMulleres
Idades: adultos
PLATEA
INAEM
Estamos en marzo de 1966. Carmen Sotillo acaba de perder o seu marido Mario de forma inesperada. Unha vez que as visitas e a familia se retiraron, ela soa vela durante a última noite o cadáver do seu marido e inicia con el un monólogo–diálogo no que descubrimos as súas personalidades e os conflitos do seu matrimonio. Cunha forma entrecortada, detallista ao mínimo, reiterativa e chea de tópicos, Carmen Sotillo di cosas, manifesta sentimentos e emite xuízos que a moitas persoas hoxe lles poden parecer incribles. Pero dámos fe de que esa linguaxe existía, de que eses xuízos se emitían, de que esas “cousas” de Carmen estaban na vida de todos os días. Cinco horas con Mario é, entre outras moitas cousas, un documento vivo deses anos. Das preocupacións económicas, relixiosas, políticas, sexuais e morais entón imperantes que Delibes, a través da linguaxe da súa protagonista, deixou retratadas con nitidez, de forma que a vida española de entón chega a palpitar viva nas súas palabras.
Autor: Miguel Delibes
Adaptación: Miguel Delibes, Josefina Molina e José Sámano
Intérprete: Lola Herrera
Dirección: Josefina Molina
Mantemento utilería: Javier Pastrana
Voz locutor: Julio López
Deseño gráfico: David Sueiro
Técnico de iluminación/son: Manuel Maldonado
Rexeduría e xerencia: Cristina Berhó
Perruquería: Gema Moreno
Deseño de iluminación: Manuel Maldonado
Música: Luis Eduardo Aute
Espazo sonoro: Mariano Díaz
Espazo escénico: Rafael Palmero
Directora de produción: Nur Al Levi
Produción: José Sámano e Jesús Cimarro
Web: pentacion.com