CONTRAPRODUCIÓNS
Se na súa trama argumental estamos ante a historia dunha relación socialmente imposible entre unha proletaria e un burgués, a obra tamén pode ser lida como un testemuño da crise política que en 1868 levou á caída da dinastía borbónica e en 1873 á proclamación da I República. Toda unha época confusa e convulsa na que resoan moitos ecos da actualidade.
Unha xestación e un parto sincronizado cos avatares da protagonista, que cando está a dar a luz ao seu fillo bastardo, ouve a voz dunha multitude na rúa que berra: Viva a República Federal!
Autora: Obra baseada en La Tribuna de Emilia Pardo Bazán
Versión e dirección: Cándido Pazó
Reparto: Tamara Canosa, Susana Dans, Merce Castro, Isabel Naveira, Berta Ojea, Ana Santos, Ledicia Sola
Escenografía: Dani Trillo
Vestiario: Martina Cambeiro
Iluminación: Afonso Castro
Deseño espazo musical: Manuel Riveiro
Adaptación e dirección: Cándido Pazó
Produción executiva: Belén Pichel
#posfunción: 28 de xaneiro ao remate do espectáculo
Idade recomendada: > 14
Lingua: galego