TEMPORADA DE ABONO 2021 - 22
CICLO DE PIANO ÁNGEL BRAGE
O pianista Josu de Solaun regresa coa Real Filharmonía de Galicia para interpretar o “Concerto para piano nº 2” de Prokófiev, dentro do Ciclo de Piano Ángel Brage. O mestre Paul Daniel dirixe ademais obras de Pejaceviv e Poulenc.
Paul Daniel, director
Josu de Solaun, piano
S. Prokófiev: Concerto para piano nº 2 en sol m, op. 16
D. Pejaceviv: Abertura en re m, op. 4 (Estrea en España)
F. Poulenc: Sinfonietta, FP 141
Previamente, ás 19.45 h na sala Mozart, Conversando con... Paul Daniel.