CHRASSH BABIES

DATOS BÁSICOS

PorVezPrimeira

WE TUM TUM

O colectivo de percusión creativa CRASSH preséntannos a súa proposta para bebés, nenos e familias: CRASSH BABIES.

Nunha combinación única de percusión, movemento e comedia visual, todo é un pretexto para producir son, cunha enerxía contaxiosa.

Con diferentes sonoridades, da voz aos tubos de pvc pasando por obxectos do cotián, todo serve para estimular os sentidos dos máis pequenos e proporcionar momentos únicos entre pais e fillos.

Propomos unha viaxe polo mundo CRASSH coa súa linguaxe vocal propio “Crasshones”, entendida por todos, ata polos bebés.

Con dous personaxes de carácter forte e musicalidade extrema, capaces de sorprender coa súa interacción permanente cos participantes.

Creación e performance: Bruno Estima (brunoestima.com) e Artur Carvalho

Escenografía: Patrícia Costa

Produción: WETUMTUM

 

Idade recomendada: dos 18 meses aos 5 anos

Duración: 40 min

 

PorVezPrimeira presenta un programa dedicado á primeira infancia. Unha selección moi coidada de espectáculos para bebés e os, as máis pequenas da casa, que pretende que tanto o Auditorio de Galicia como o Teatro Principal se convertan no lugar da primeira experiencia cultural dos nosos e das nosas novas veciñas.

Recoméndase asistir con non máis de 2 acompañantes por bebé ou crianza. Deberase mercar unha entrada para cada asistente independentemente da súa idade.

Duración: 
40 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • 3 euros

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Recoméndase asistir con non máis de 2 acompañantes por bebé ou crianza.

Deberase mercar unha entrada para cada asistente independentemente da súa idade.

Funcións: 
Venres, 6 Maio, 2022
17:00
Teatro Principal
Venres, 6 Maio, 2022
18:30
Teatro Principal