Nesta celebración vai pasar algo importante, ten que pasar algo moi importante, porque está anunciado por terra, mar e aire, porque asalta os nosos ollos e os nosos oídos, porque chegar a ese cóctel é entrar no mundo do luxo, e o luxo non é unha cuestión de cartos, é unha cuestión de gusto, de saber estar, de saber ser…
Hai que estar na fotografía do evento, onde están todas aquelas persoas que merecen a pena. E así, unha multitude de invitados e de non invitados achéganse ás portas do macroespazo onde ten lugar o evento, a celebración, o gran cóctel.
Esquecer as miserias cotiáns por estar aí un momento, por sentirse convidado na gran festa.
Así pois, que deben facer agora? Agradecer que as tiveran deixado entrar ou reivindicar o seu dereito a participar na celebración. Se cadra chegoulles o momento de loitar, de ocupar a cabeceira da mesa.