CC_AMORANTE + JAVIER DÍEZ ENA

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2020
Amorante + Javier Díez Ena

Amorante
Iban Urizar foi membro de Café Teatro, unha sorte de banda repleta de talentos como Xabier Erkizia ou Iñigo Ugarteburu entre outros. Agora é a alma de Amorante.

Iban Urizar foi o responsable dunha das sorpresas máis gratas e emocionantes dos últimos tempos; unha colección de cinco cancións que supuxeron a sobresaínte posta de largo do seu proxecto Amorante. O etnomusicólogo guipuzcoano, multi instrumentista forxado en numerosos e diversos proxectos, dá un paso á fronte e alíñase con esa refrescante fronte de artistas dispostos a despoxarse de prexuízos e sacar do armario a tradición musical, desde Niño de Elche ata Los Hermanos Cubero, pasando por Lorena Álvarez ou Pablo und Destruktion. A súa proposta destila unha cantidade de xéneros que descoloca ao oínte pero sitúao en territorios coñecidos. Desde Euskal Herria pero coa vista posta no horizonte, Amorante tinta as súas composicións con aires orientais, flamencos, todas as músicas collen nun discurso suxerente e cheo de matices.

 

Javier Díez Ena
Mestre do theremin, publicou ata agora dous volumes de Theremonial, a súa serie de discos compostos e interpretados integramente co instrumento que non se toca.

Os dous volumes de Theremonial editados conxuntamente por Ale Hop! e Beat Generation son discos só de theremin pero non discos de theremin só, non son discos solistas senón auténticos caleidoscopios de sons que destacan pola singularidade de ter como única fonte sonora este instrumento. O theremin adopta todos os roles musicais: percusión, baixo, armonía, melodía, ambientes, etc. Todo temas orixinais con influencias que van da exótica á música industrial pasando pola electrónica primixenia de maestros como Jean Jacques Perrey, Raymond Scott ou Tom Dissevelt.

 

Duración: 
90 MIN
Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Entradas dispoñibles para todos os eventos do Festival desde o 29 de setembro, de martes a sábado (+ días de evento) entre as 18:00 e as 21:00h. Semana do Festival de 16:30h  ata o comezo da última sesión. Teléfono: 981 542 349

NUMAX: só se poderán adquirir entradas para as proxeccións realizadas nesta sala. Entradas dispoñibles desde o 29 de setembro. Teléfono: 981 560 250

Funcións: 
Sábado, 10 Outubro, 2020
21:30
Sala Capitol