A CAZOLA DE LOLA

DATOS BÁSICOS

TANXARINA

(Monicreques)

 

Idade recomendada: Infantil, 1º e 2º Primaria

Duración: 50 min

Lingua: galego

 

Lola sempre arrastra un cazo atrás dela. O cazo caeulle un día enriba… Non se sabe moi ben por que. Por causa deste cazo, Lola xa non é de todo coma os demais. Precisa de moito agarimo, é moi sensible e ten un gran sentido artístico.

A miúdo as persoas só ven nela ese cazo que arrastra por todas partes. E atópano raro… Ademais, o seu cazo complícalle a vida. Afortunadamente existen persoas marabillosas, só fai falta dar cunha delas.

Duración: 
50 min
Entradas: 

Gratuíto, previa reserva a través do formulario que enviaremos aos centros de ensino en setembro.

Funcións: 
Mércores, 8 Febreiro, 2023
10:00
Teatro Principal
Mércores, 8 Febreiro, 2023
12:00
Teatro Principal