'CATRO' DE CARAMUXO TEATRO

DATOS BÁSICOS

AVISO: As entradas adquírense por unidade familiar. Seleccionas unha entrada e despois elixes se a túa unidade familiar ten 2, 3 ou 4 persoas. (O prezo é de 8 € para a unidade familiar de 2 persoas e de 12 € para a de 3 ou 4 persoas)

 

Dentro do ciclo PorVezPrimeira

EscenaGZ

EnFamilia

Idade recomendada: de 8 meses a 4 anos

Duración: 30 min

Lingua: galego

‘Catro’ é a nova proposta de Caramuxo Teatro para primeira infancia. É unha peza visual que xoga coa vida, coas formas, os sons e as texturas, co movemento...

Catro lados ten un cadrado, a miña galleta preferida, catro son as estrelas que vexo dende a miña habitación e catro son os recunchos do meu lugar favorito.

‘Catro’ é a experimentación a partir dun número que se repite na nosa vida. Unha experiencia para gozar en familia coa danza como linguaxe, como canle de coñecemento.

Dirección: Laura Sarasola e Juan Rodrí­guez

Escenografía: Caramuxo teatro

Deseño son: Dani Pais

Deseño iluminación: Dani Pais

Vestiario: Diego Valeiras

Música: Caramuxo teatro

Coreografía: Laura Sarasola

Duración: 
30 min
Entradas: 

VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H

AVISO: As entradas adquírense por unidade familiar. Seleccionas unha entrada e despois elixes se a túa unidade familiar ten 2, 3 ou 4 persoas. (O prezo é de 8 € para a unidade familiar de 2 persoas e de 12 € para a de 3 ou 4 persoas)

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18 a 21 h. Se a función é fóra dese horario, o despacho abrirá unha hora e media antes do seu inicio. Teléfono: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Venres, 30 Abril, 2021
17:30
Teatro Principal
Venres, 30 Abril, 2021
18:30
Teatro Principal