CASTELVINES E MONTESES. LOS AMANTES DE VERONA SEGÚN LOPE DE VEGA

DATOS BÁSICOS

BARCO PIRATA E COMPAÑÍA NACIONAL DE TEATRO CLÁSICO

CASTELVINES E MONTESES é unha festa do teatro. É pór o verso de Lope, a historia de Bandello , o xogo da versión de Rojas Zorrilla, o voo de Shakespeare e a acidez de Quevedo ao servizo dun espectáculo cheo de humor, xogo, música, maxia, clown e baile.

Lope de Vega e William Shakespeare partiron das mesmas fontes e escribiron Castelvines e Monteses e Romeo e Xulieta na mesma época, finais do século XVI. A diferenza de Shakespeare, Lope escribe unha comedia coa historia dos amantes de Verona.

13 actrices e actores que abrazan os versos de Lope de Vega, e namóranse e namoran ao espectador co seu talento actoral, o seu dominio do corpo, do canto e dos instrumentos cos que ambientan en tempo real os devires de Julia e Roselo, Celia e Marín, Dorotea e Anselmo. Unha escenografía a primeira vista sinxela pero camaleónica e, sobre todo, que enche de maxia que funciona como unha caixa de sorpresas constantes.

Un espectáculo case de circo, para toda a familia, que nos reconcilia co teatro do século de ouro.

Señoras e señores a comedia musical está servida.

Autoría: Lope de Vega

Dirección: Sergio Peris-Mencheta

Reparto: Paula Iwasaki, Andreas Muñoz, Aitor Beltrán, Xabier Murua, Ignacio Rengel, Óscar Martínez-Gil, Maria Pascual, Natxo Nuñez, Gonzalo Ramos, Xoel Fernández, Cintia Rosado, Jùlia Roch, Almudena Salort

Tradución e adaptación: Carlos Menéndez

Escenografía: Curt Allen con Estudiodedos

Vestiario: Elda Noriega

Música: Varios Autores

Iluminación: Valentín Álvarez

 

Idade recomendada: > 7

Duración de 150 min con dous interludios de 5 min

Lingua: castelán

© imaxe: Sergio Parra

Duración: 
150 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • 14 euros. Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Sábado, 2 Abril, 2022
20:30
Auditorio de Galicia