A CASA DO TERROR

DATOS BÁSICOS

XOAN CURIEL

Escena GZ

Idades: a partir de 4 anos

 

Despois de percorrer os escenarios galegos co espectáculo do libro-disco infantil Estamos no verán!!! (Editorial GALAXIA), Xoán Curiel e a Banda do Verán, atrévense cunha nova, terrorífica e divertida aventura: A Casa do Terror. Os membros d´A Banda do Verán teñen un longo percorrido por tódolos escenarios galegos.

O CONTO
A Casa do Terror é unha aventura escrita por Xoán Curiel, na cal un grupo de amigos vese obrigado a durmir nunha casa encantada e vive aventuras divertidas e terroríficas relacionadas coa música, a amizade e a superación dos propios medos. A perspectiva do terror é abordada neste espectáculo dun xeito divertido e lévase a cabo a través de personaxes divertidas coma as pulgas sombis, o lobo lover, ratatiburóns, gativampiros, o monstro da lavadora, a pantasma con asma, e un longo etc… É unha historia moi positiva no que se fala da importancia da confianza nos desafíos da vida e nas cousas que nos poden producir medo.

Ademais dun libro disco, A Casa do Terror é un divertido e dinámico espectáculo musical con cancións, danzas, elementos teatrais ou de clown e sobre todo moita participación do público asistente.

Elenco artístico do espectáculo:
Xoán Curiel: Guitarra eléctrica, guitarra española e voz
Jara Ortiz: Voz
Carlos Freire: Batería
Alex Salgueiro: Teclado e programacións
Antón Fernández: Baixo
Marta Alonso: Danza e voz
Vestiario: Uxía Vaello
Escenografía: Marta Mallo
Creación e dirección do espectáculo: Xoán Curiel, Marta Alonso, Jara Ortiz

 

Web: xoancuriel.wixsite.com/abandadoveran

Duración: 
70'
Información da billeteira: 

 

4 euros. Bono familiar (4 entradas): 12 €. (Só se poderá mercar no despacho de billetes). Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. O día do evento abrirá ás 17:00 h. Teléfono: 981 542 349.

Funcións: 
Sábado, 19 Xaneiro, 2019
18:30
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural