CARVALHO CALERO. A VOZ PRESENTE

DATOS BÁSICOS

UN AUTOR E UNHA OBRA IRREPETÍVEIS NA SÚA PROPIA VOZ

“A voz presente”, lema da exposición, dá sentido a unha mostra na que a palabra de Carvalho ten todo o protagonismo. A través da súa propia voz, dos seus escritos e das entrevistas concedidas, a presenza do autor materialízase en cada un dos espazos que conforman a exposición, comisariada por José Luis Rodríguez e Carlos Quiroga. Así, o relato expositivo vén guiado sempre polas palabras “literais” do autor e os textos son extractos da súa obra ou das súas intervencións, respectando en todo momento a opción ortográfica escollida por el.

A exposición percorre a dimensión artística, humana e lingüística do autor e pon en valor a súa figura e o seu legado.

Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 - Santiago de Compostela, 1990)

Escritor, historiador da literatura, crítico literario, lingüista e filólogo. É o autor homenaxeado pola Real Academia Galega que lle adica o día das Letras Galegas 2020.

Licenciado en Dereito e en Filosofía e Letras, converteuse no primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Letras pola Universidade Central de Madridé Foi Secretario do Seminario de Estudos Galegos, cofundador do Partido Galeguista e colaborou na redacción do anteproxecto de Estatuto de Autonomía para Galicia.

Membro numerario da Real Academia Galega. A partir da década dos 70 converteuse nun ferreo defensor das teses reintegracionistas, ás que consideraba  vía fundamental para a normalización da lingua galega. Teorías das que deixou constancia nas súas obras: Problemas da lingua galega (1981), Da fala e da escrita (1983) e Do galego e da Galiza (1990).

Entre as súas múltiples publicacións destacan os seus estudos literarios. A súa fundamental Historia da literatura contemporánea galega (1963) constitúe unha sistematización da nosa historia literaria na que senta as bases para posteriores investigacións así como a Gramática elemental del gallego común (1966), manual de referencia para as primeiras xeracións de estudantes de lingua galega ou os seus Estudios Rosalianos (1979) dedicados á análise da lingua e da obra literaria de Rosalía de Castro.

Producida por Ouvirmos para AGAL e a Xunta de Galicia

 

VISITAS GUIADAS FEBREIRO

Estas visitas estarán condicionadas polas restricións sanitarias vixentes en cada momento.

As visitas estarán conducidas por Eduardo Maragoto, presidente de AGAL, un dos organismos produtores.

Coas restricións actuais, en cada visita poderán participar 4 persoas (máis o guía).

As interesadas e os interesados poden anotarse escribindo ao mail coordinacion@ouvirmos.com ou chamando ao teléfono 722 876 073 até o día anterior a cada visita.

  • Venres 19 de febreiro ás 18.00 h
  • Sábado 27 de febreiro ás 12.00 h

Duración aproximada das visitas: 60 min

 

Entradas: 

A sala de exposicións volve ao horario habitual desde 17 de febreiro de 2021

______

Entrada gratuíta

Todos os días de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h

(Os días de concerto a sala de exposicións pecha ás 19.00 h)

Para consultar o protocolo de acceso preme aquí

Funcións: 
Mércores, 2 Decembro, 2020 a Domingo, 7 Marzo, 2021
10:00 a 19:00
Auditorio de Galicia
MULTIMEDIA