CARDINAIS. ACADEMIA INTERNACIONAL VERTIXE SONORA 2022

DATOS BÁSICOS

FESTIVAL C (toda a programación aquí)

18.00 H | TERRAZA DA FUNDACIÓN GRANELL

Conferencia 'De Reich a KMRU: África como vangarda musical contemporánea'

 

20.00 H | PRAZA DAS PRATERÍAS

'Música para 18 Músicos'

Concerto de clausura de Cardinais. Academia Internacional Vertixe Sonora 2022

 

21.45 H | ZONA C

Polirritmia Afroelectrónica

Sesión DJ Nacheit

 

 

«Music for 18 Musicians non só é unha das grandes composicións de Steve Reich, senón unha das obras que pode reclamar con razón ter alterado o curso da música occidental». Con esta rotundidade expresouse o crítico musical K. Robert Schwartz ó respecto desta peza xa lexendaria no repertorio da música occidental, cuxo segredo quizais radique nun eclecticismo que mistura de maneira maxistral influencias da música renacentista occidental e A tradicional de África e Asia.

Coincidindo coa presentación de Música para 18 músicos de Steve Reich en Praterías (Santiago de Compostela) o martes 30 de agosto ás 20h e no marco da sesión de clausura de Cardinais. Academia Internacional Vertixe Sonora 2022 presentamos tres actividades que permitan entender e desfrutar as relacións entre as vangardas musicais contemporáneas occidentais, e as musicais tradicionais de África e Asia. Un proxecto que sirve de preámbulo as colaboracións de NewMusicSA e Vertixe Sonora no contexto da edición especial dos World Musica Days que terá lugar no outono de 2023 en Sudáfrica e pola que se conmemoran os 100 anos de existencia dunha organización fundamental para o devir da música contemporánea.

Entradas: 

ACCESO LIBRE

Funcións: 
Martes, 30 Agosto, 2022
18:00
Varios lugares