CANCELADA 'SUSPENSIÓN'

DATOS BÁSICOS

CANCELACIÓN: Por lesión dun dos artistas, a compañía comunícanos que se ven obrigados a suspender a función deste venres en Compostela.

Xa procedemos ao reembolso das entradas a todas as persoas que as mercaron a través desta web. As que as mercaron no despacho de billetes poden pasar pola Zona C para o reembolso.

Lamentamos as molestias ocasionadas.

 

VIVA A ESCENA

SUSPENSION

NUEVEUNO

 

Teatro Principal

26 de novembro

20.30 h

 

CelebremososCorpos

CircoaEscena

 

Prezo: 10 €

Descontos do 50 %

 

Idade recomendada: a partir de 14 anos

Duración: 60 min

Idioma: castelán

 

Vemos en escena a cinco homes. Son normais, están subidos nun escenario. Cada un distinto e todos iguais. Cóidanse, empúrranse e celebran xuntos. Están a lanzar coitelos contra a súa propia sombra, mirando para si, movendo os focos para iluminar espazos distintos, mostrando a súa intimidade, e espíndose para escoitar. Homes que se cuestionan constantemente, pero se  deleitan na súa propia identidade… son, á fin e ao cabo, cinco homes.

 

Suspensión é un espectáculo chamado a transmitir. É unha proposta de circo contemporáneo na que nos gustaría que o público se poida ver e emocionar. É a nosa pelota lanzada ao aire que alcanza o instante de suspensión; o momento en que todo pode pasar, o momento en que podemos ceder á gravidade, ou tomar decisións distintas, o momento en que unha pelota queda flotando e con iso todos no escenario contemos o alento. O momento de Suspensión.

 

Dirección artística e idea orixinal: Jorge Silvestre
Creación e interpretación: Carlos Marcos, Fernando Santa-Olalla, Jorge Silvestre, Josu Monton, Miguel Frutos
Dramaturxia, acompañamento no proceso persoal e grupal e intervención comunitaria: Laura Presa e Fernando Gallego (La Rueda Teatro Social)
Coreografía: Iris Muñoz, José Triguero
Mirada externa e dirección actoral: Rakel Camacho, Laura Presa, Fernando Gallego
Deseño de iluminación: Carlos Marcos
Composición musical: Vaz Oliver
Deseño de escenografía: Alfonso Reverón, Fernando Santa-Olalla, Miguel Frutos
Construción de escenografía: Ijuggler Circus Props Maker
Deseño e confección de vestiario: Zaloa Basaldua, Josu Monton
Produción: Compañía de Circo Nueveuno
Foto: Daniel de la Iglesia
Video: Alina O’Donnell

Duración: 
60 MIN
Entradas: 
  • VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA NESTA WEB
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h (Luns pechado). Teléfono 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto o día do espectáculo desde 1h antes do comezo do mesmo. Teléfono: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Venres, 26 Novembro, 2021
20:30
Teatro Principal