CINEUROPA
CANCIÓNS PARA DESPOIS DUNHA GUERRA
CAMELOT (1967)
Joshua Logan
EEUU / 178 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Richard Harris, Vanessa Redgrave, Franco Nero
Ficha técnica:
Guión: Alan Jay Lerner. Baseada na historia de T.H. White
Fotografía: Richard H. Kline
Edición: Folmar Blangsted
Produción: Warner Bros./Seven Arts
Sinopse:
Adaptación cinematográfica do musical homónimo que se estreou en Broadway en 1960. Trata sobre a lendaria historia do reino medieval de Camelot. O cabaleiro francés Lancelot du Lac ou Lanzarote do Lago (Franco Nero) chega á corte do rei Arturo (Richard Harris) para se integrar na Orde da Mesa Redonda que vén de crear o monarca inglés. Lanzarote namora da raíña Xenebra (Vanessa Redgrave) e o seu amor é correspondido. Ao se decatar, Arturo, cego pola carraxe, destrúe a famosa mesa.
Premios á mellor BSO adaptada, dirección artística e vestiario nos Óscar 1967
Mellor actor, mellor musical/comedia e mellor BSO nos Globos de Ouro 1967