CALAMITY, UNE ENFANCE DE MARTHA JANE CANNARY / CALAMITY (2020)

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA MIÚDA

SAB 14, 12:30 | TEATRO PRINCIPAL
DOM 15, 12:00 | TEATRO PRINCIPAL
SAB 21, 12:00 | TEATRO PRINCIPAL

Rémi Chayé
Francia, Dinamarca / 85 min. / Animación / Francés

Ficha técnica:
Guión: Rémi Chayé, Sandra Tosello, Fabrice de Costil
Edición: Benjamin Massoubre
Música: Florencia Di Concilio
Produción: Claus Toksvig Kjaer, Claire La Combe, Henri Magalon

En 1863, Martha Jane debe aprender como manexar os cabalos dunha carruaxe para poder participar nun convoi que viaxa polo oeste dos Estados Unidos. Un día decide vestir pantalóns e cortar o pelo, xerando así unha enorme polémica que sacará a relucir o seu verdadeiro carácter fronte as innumerables dificultades que se presentan nun mundo tan grande como salvaxe e no que todo é posible. A proposta cinematográfica específica para o público máis miúdo é unha das longametraxes de animación máis agardadas do ano e que recolle a lenda da mítica heroína Calamity Jane.
 

2020: Mellor longametraxe no Festival de Annecy

Duración: 
85 MIN
Entradas: 
  • Para as proxeccións de todas as salas
    • compostelacultura.gal
    • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 15.30 a 21.00 h e polas mañás desde unha hora antes do inicio da proxección.
  • Para as proxeccións do Auditorio de Galicia tamén se poden retirar na propia sala desde unha hora antes do inicio dos filmes.
  • Para as proxeccións de Numax tamén se poden mercar na propia sala no seu horario habitual (numax.org)

 

PRÉGASE USO PREFERENTE PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS DA PÁXINA WEB COMPOSTELACULTURA.GAL

 

CONSULTA PROTOCOLO ACCESO ESPECTÁCULOS NO PORTAL DESTA WEB

Funcións: 
Domingo, 15 Novembro, 2020
12:00
Teatro Principal