BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
David Fiuza, director
SONARTE
OUTUBRO, A MÚSICA
“Da Capo” é o termo musical que nos dispón a comezar unha partitura dende o principio...“Da Capo” é a expresión mellor traída para definir o inicio da temporada de concertos. Baixo a influencia do concepto filosófico de “Ápeiron” (a orixe de todas as cousas, o infinito), o programa propón unha viaxe no tempo que percorre máis de 4 séculos de repertorio para instrumentos de vento, dende a súa orixe no Renacemento, ata os tempos contemporáneos.
PROGRAMA
Giovanni Gabrieli:
SACRAE SYMPHONIAE
Georg Friedrich Händel:
MUSIC FOR THE ROYAL FIREWORKS
Felix Mendelssohn:
OUVERTURE FÜR HARMONIEMUSIK
Ralph Vaughan Williams:
TOCCATA MARZIALE
Manuel Otero Paino:
ÁPEIRON