BMSC: DE TRADICIÓN...

DATOS BÁSICOS

BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO

Suso Vaamonde, músico narrador

De tradición con Suso Vaamonde é unha idea de Juan Lois Diéguez, e Suso Vaamonde, músico intérprete de todo o que teña que ver con instrumentos populares galegos. Trátase dunha das simbioses máis antigas que se teñen dado no país: a de combinar instrumentos propios das bandas de música con instrumentos populares galegos.

Ao groso da Banda de Música, engádenselle, en cada tema do repertorio, diferentes instrumentos da tradición musical popular galega, todos eles interpretados por Suso Vaamonde. Dende os sobradamente coñecidos gaita, acordeón, pandeireta ou zanfona, ata os menos divulgados (que non por eso menos interesantes), requinta, asubío, birimbao, carrizo, tarrañolas, etc.

No programa atopamos tanto obras populares, como tamén de autor (Xoán Porto Becerra, Paulo Nogueira, Magoia Bodega, Xosé Romero...). Todas elas dun marcado carácter tradicional, e a meirande parte, arranxadas por Juan Lois Diéguez.

Durante o espectáculo, Suso Vaamonde explica o funcionamento dos diferentes instrumentos e fai un resumo da súa historia, procedencia, etc. de xeito ameno e divertido, convertindo así un concerto que podería ser meramente musical, en un espectáculo didáctico e lúdico por igual.

Entradas: 

Entrada libre ata completar o aforo

Funcións: 
Domingo, 27 Xaneiro, 2019
12:00
Teatro Principal