BERNARDA

DATOS BÁSICOS

MALASOMBRA

EscenaGZ

TerritoriodasMulleres

Idade recomendada: adultos

Duración: 75 min

Lingua: galego

Premio María Casares ao mellor espectáculo 2020

‘Bernarda’ é unha historia próxima, comprensible e universal. Todos coñecemos no noso entorno a alguén como Bernarda, e todos temos un pouco de Bernarda no noso interior, porque ese choque xeracional entre pais e fillos é unha constante universal, e dependendo de que lado esteamos vemos a realidade de forma totalmente diferente. Cando somos fillos queremos rachar coas normas que nos impoñen, e cando somos pais vémonos na obriga de ser nós os que as impoñamos, polo seu ben, e ese choque entre xeracións que conviven na mesma casa é inevitable.

Este choque xeracional, que como na vida mesma tamén ocorre en ‘Bernarda’, por veces fainos chorar, porque ás veces as situacións vólvense tensas e duras; e por veces fainos rir, porque igual que na vida, ata nas situacións máis extremas xorde a risa como unha necesidade de desafogo e de liberación. Isto é ao que en ‘Bernarda’ deron en chamarlle humor de tanatorio ou risa de funeral, que tamén é unha constante durante todo o espectáculo.

Bernarda é unha muller dura e loitadora, produto da vida que lle tocou vivir, cunha infancia dura de posguerra que a forxou nuns principios ríxidos e inamovibles. Ao morrer o marido ten que asumir o papel de pai e de nai, e educa ás súas fillas como mellor sabe, como aprendeu, e todo o que fai non o fai por mal, todo o contrario, faino porque pensa que é o mellor para elas. As fillas, en cambio, non o ven así, aínda que como tamén entre elas son diferentes, discuten moitas veces sobre se no fondo Bernarda é pobriña ou é mala.

Bernarda, ao quedar viúva, tenta que todo siga sendo igual que  sempre, como foi toda a súa vida, e que as “malas” influencias dunha  sociedade en proceso de transformación non chguen ás súas fillas  nin a ela mesma. Bernarda non entende a música yeyé, nin as  mnisaias, nin os guateques, nin ningunha das novas modas da  mocidade da época, e a súa intención é moi clara: “Mentres eu viva,  nesta casa non vai cambiar nada e as cousas vanse facer como se  teñen que facer.” O público presente coñecerá se chega a conseguilo  ou non

Autor: Jose Prieto

Dirección: Jose Prieto

Escenografía: Kukas

Deseño son: Jose Prieto

Deseño iluminación: Xoque Carbajal

Vestiario e música: Malasombra

Elenco artístico: Luisa Merelas, Celia González e Esther Aja

Web da compañía: malasombra.gal

Duración: 
75 min
Información da billeteira: 

VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H

12 euros

* Descontos do 50% para colectivos habituais

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18 a 21 h. Teléfono: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 20 Maio, 2021
20:30
Teatro Principal
Venres, 21 Maio, 2021
20:30
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural

Compostela Capital Cultural