BAT

DATOS BÁSICOS

DANTZAZ

Un programa de tres coreografías, que compoñen un espectáculo de danza para todo tipo de públicos e para gozar da danza contemporánea en todo o seu esplendor:

1.- Escravos felices, de MARTIN HARRIAGUE

10 minutos frenéticos, cheos de movemento e de ironía, baseada na nosa vida chea de “felicidade”, escrava da tecnoloxía.

2.-THIRTY, de SADE MAMEDOVA

Unha creación plena de poesía e de delicadeza, nunha coreografía de 15 minutos que combina emoción e abstracción, baseada nas migracións humanas.

3.- WALLS, de MARTIN HARRIAGUE

De novo o talento desbordante de Harriague, esta vez nunha peza de 35 minutos, potente e rotunda. Unha reflexión sobre o mundo e a sociedade actual e a súa relación cos muros.

Directora artística: Adriana Pous

Coreografías: Martin Harriague, Sade Mamedova

Música: J. C. Arriaga, M. Lugo, J. S. Bach, Yemen Blues, J. A. Jiménez

Luces: Martin Harriague, Sade Mamedova, Alberto Arizaga

Vestiario: Martin Harriague, Nahia Salaberria, Fanny Alonso

 

Idade recomendada: > 12

© imaxe: Olivier Houeix

 

Duración: 
70 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • 10 euros. Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Venres, 13 Maio, 2022
20:30
Auditorio de Galicia