BANDILANDIA

DATOS BÁSICOS

BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

(Música)

David Fiuza, director

 

Idade recomendada: Infantil, 1º e 2º Primaria

Duración: 50 min

Lingua: galego

 

Dende unha perspectiva literaria, a través do formato narrativo dun conto, entramos no “mundo da banda”, onde a música protagoniza unha historia na que o argumento ten por obxectivo achegarnos ao mundo sonoro das agrupacións bandísticas. Facémolo dotando de vida aos instrumentos, a modo de personaxes, e de maneira pedagóxica imos ir coñecendo os seus trazos característicos, funcións e roles dentro da agrupación de vento e percusión.

O formato narrativo resulta ser un apoio moi eficiente para a comprensión dos contidos musicais, materializándose a interpretación literario-musical a través da escenificación da man da actriz Cristina Collazo. Intentamos cativar así ás rapazas e rapaces para conseguir facelos partícipes activos da música, como elemento central da actividade.

Duración: 
50 min
Entradas: 

Gratuíto, previa reserva a través do formulario que enviaremos aos centros de ensino en setembro.

Funcións: 
Xoves, 9 Marzo, 2023
10:00
Auditorio de Galicia
Xoves, 9 Marzo, 2023
12:00
Auditorio de Galicia
Venres, 10 Marzo, 2023
10:00
Auditorio de Galicia
Venres, 10 Marzo, 2023
12:00
Auditorio de Galicia