BANDE À PART / BANDA Á PARTE

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

EN LEMBRANZA DE... JEAN-LUC GODARD

BANDE À PART / BANDA Á PARTE (1964)

Jean-Luc Godard

Francia / 95 min / Ficción / Francés, inglés

Ficha artística:

Anna Karina, Claude Brasseur, Sami Frey, Louisa Colpeyn, Chantal Darget, Ernest Menzer

Ficha técnica:

Guión: Jean-Luc Godard

Fotografía: Raoul Coutard

Música: Michel Legrand

Produción: Columbia Films, Anouchka Films, Orsay Films

Sinopse:

A nouvelle vague en todo o seu esplendor. Bande à part conta a historia de Odile, Franz e Arthur, tres mozos desencantados sen moitas esperanzas na vida. Neste filme Godard leva ás rúas de París unha historia digna do cinema negro norteamericano, propoñendo unha trama que é asemade sentimental e despreocupada, romántica e melancólica.

Duración: 
95 MIN
Entradas: 

DE BALDE PREVIA RETIRADA DE CONVITE

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, TAMÉN PARA AS PROXECCIÓNS DE ESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.
  • MULTICINES COMPOSTELA: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai un filme ás 17.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece)
  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Domingo, 6 Novembro, 2022
20:00
Auditorio de Galicia
MULTIMEDIA

Banda aparte / Tráiler oficial España