A BANDA DE JUAN PERRO PRESENTA 'LIBERTAD'

DATOS BÁSICOS

BANDA DE JUAN PERRO: VANGARDA DA MÚSICA POPULAR EN ESPAÑOL

Tras un longo proceso de maduración do repertorio e da sonoridade do proxecto de Juan Perro, Santiago Auserón conseguiu fundir diversas tradicións da música popular española e internacional nunha proposta que alcanza un alto grao de coherencia e depuración formal. A variedade de estilos preséntase nela con inconfundible personalidade sonora.

A escritura coidadosa de cancións que foron rodadas por moitos escenarios -españois, americanos e europeos- desemboca nun repertorio selecto, onde letras poeticamente esixentes xúntanse con elementos rítmicos, melódicos e harmónicos de diversa procedencia -roqueira, jazzística e afrolatina-, propondo camiños novos para a música popular en español.

Integrada por solistas de primeiro nivel que se fixeron cómplices do proxecto, a Banda de Juan Perro explora camiños musicais con soleira, pero que soan novos. A canción abre sitio á inspiración dos improvisadores en cada concerto. A complicidade sostida durante anos converte á Banda de Juan Perro nunha máquina musical especializada en contaxiar emocións.

Ao repertorio lentamente elaborado que con ‘Cantos de ultramar’ (LHS 2021) obtivo o eloxio unánime da crítica segue tan só ano e medio despois ‘Libertad’ (LHS 2022), un álbum de dez cancións orixinais de Santiago Auserón que van sorprender pola súa variedade, pola súa enerxía, polo seu refinamento e pola súa madurez, co-producidas por un aliado desde os tempos de Radio Futura: o británico Joe Dworniak.

Pere Foved: batería

Isaac Coll: baixo

Vicenç Solsona: guitarra

Gabriel Amargant: saxo e clarinete

David Pastor: trompeta

Santiago Auserón: guitarra e voz

 

SELIC
Compostela será ademais a primeira cidade galega á que Santiago Auserón acuda como músico e escritor, xa que tamén visitará o Festival da Lectura SELIC 2022, o sábado 11 de xuño ás 20:00 horas na praza do Toural, para presentar a súa última obra, Arte sonora (Anagrama, 20022), un ensaio arredor da música na Grecia clásica o seu vencello co nacemento da Filosofía.

O músico e filósofo descubriralle ao público que vínculos músico-filosóficos recolle Arte sonora. E a audiencia tamén poderá achegarse á súa anterior obra, "El ritmo perdido" (Anagrama, 2021) e a outros ensaios do autor, como "Semilla del son", "Crónica de un hechizo" (Kultrum, 2019) "La imagen sonora" (Episteme, 1988).

'Arte sonora' é un ensaio no que Santiago Auserón explora a relación da música na Grecia arcaica e clásica coa poesía, o mito e a filosofía, analizando o vínculo entre palabra, linguaxe e música coa harmonía, o ritmo e a melodía. Unha obra que parte do interese do autor por descubrir "o rastro das sonoridades musicais no nacemento da filosofía".

Santiago Auserón
Nado en Zaragoza en 1954, Santiago Auserón estudou en Filosofía na Universidade Complutense de Madrid a na Université de Vicennes París VIII, baixo a dirección de Guille Deleuze.

A súa traxetoria como músico iniciouse en 1980 coa banda Radio Futura, e continuou a partir da disolución desta en 1992 coa creación de Juan Perro (1993). Durante todos estes anos Auserón non deixou nunca de lado os estudos, ensaios e reflexións musicais, artísticos e de pensamento en diversas publicacións especializadas.

Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Domingo, 12 Xuño, 2022
20:30
Auditorio de Galicia