A programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura para os últimos meses de 2022 inclúe 5 espectáculos no Auditorio de Galicia e no Teatro Principal.
No Desembarco Chévere, co que celebramos os 35 anos da compañía, poderemos gozar de novo no Auditorio de 'Curva España' e 'N.E.V.E.R.M.O.R.E.', ademais doutros eventos como unha exposición, un cómic e un libro autobiográfico.
E teremos de novo Circo a Escena, con tres das propostas máis potentes do circuíto circense do estado.
AVISO: Entradas á venda o venres 23 de setembro ás 11.00 h nesta web e na Zona C.
Para máis información e MERCAR ENTRADAS podes consultar toda a información na ficha de cada evento nesta mesma web.