ARLEQUINA

DATOS BÁSICOS

OS MONICREQUES DE KUKAS

40 aniversario da compañía

EscenaGZ

Idades: a partir de 4 anos

Rede Galega de Teatros e Auditorios. AGADIC

Espectáculo de gran formato dirixido a todos os públicos que combina o traballo de actor e a pantomima coa animación de monicreques e a maxia coa música en directo nun espazo escénico polivalente e suxestivo no que todos os elementos forman parte da divertida, misteriosa e trepidante aventura que supón a viaxe dunha peculiar e curiosa marioneta chamada Arlequinan, a procura da súa identidade contando para iso coa axuda de Marchelino, un vello e estrafalario artista e titiriteiro.

Con este espectáculo queremos crear sinerxías de colaboración e creación con e entre diferentes artistas que nos últimos anos teñen traballado nos nosos espectáculos e que ao mesmo tempo manteñen liñas de traballo propias como Zoar Ensemble, Teatro de marionetas Trécola, Títeres Alakrán, Jorge Casas Caneiro, Miguel Cabaleiro e Larraitz Urruzola para coa súa aportación propia e baixo a dirección escénica e artística de Isabel Rey e Marcelino de Santiago crear un espectáculo cunha posta en escena moi coidada tanto dende o punto de vista dos recursos plásticos como dos musicais, sonoros, luminosos, técnicos e escénicos co que celebrar e festexar o 40 aniversario da compañía.

Autor: Marcelino de Santiago (Kukas)
Dirección: Isabel Rei e Kukas
Intérpretes: Jorge Casas, Isabel García, Borxa Insua, Marcelino de Santiago, Larraitz Urruzola, Ero Vázquez
Músicos: Joan Ibáñez, Benjamín Iglesias, Álex Salgueiro, Antonio Suárez, David Villa
Escenografía e deseño de monicreques: Kukas
Música e deseño son: Zoar Ensemble
Deseño iluminación: Miguel Cabaleiro

Web: kukas.redbiocultural.net

 

Duración: 
60'
Entradas: 

4 €

 

Bono familiar (4 entradas): 12 € (só se poderá mercar no despacho de billetes)

 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día

 

Teléfono: 981 542 349

Funcións: 
Xoves, 28 Marzo, 2019
20:30
Teatro Principal
Venres, 29 Marzo, 2019
18:30
Teatro Principal
Sábado, 30 Marzo, 2019
18:30
Teatro Principal