ANATOMÍA DUNHA SEREA

DATOS BÁSICOS

CHÉVERE-A BERBERECHEIRA

EscenaGZ

TerritoriodasMulleres

Idade: adultos

Rede Galega de Teatros e Auditorios. AGADIC

Unha muller que leva no seu corpo a pegada da violencia obstétrica sufrida durante o embarazo e o parto, narra a súa historia dun xeito directo, aberto e autocrítico. Un relato construído mentres a ferida segue aberta, porque as secuelas aínda non foron reparadas e o seu testemuño terá toda a visceralidade propia dun caso aberto.

Actriz protagonista: Iria Pinheiro

Dramaturxia, dirección: xron

Escrita: María Lado, Iria Pinheiro

Escenografía, atrezzo, iluminación: Suso Jalda

Espazo sonoro: Iria Pinheiro, Xacobe Martínez Antelo

Vestiario: Carmiña de Saladina

Fotografía/gráfica: Paula Pez

Xefa de produción e asistencia de dirección: Patricia de Lorenzo

Web: redenasa.tv

Club C!

#POSFUNCIÓN ao remate da función o 9 de maio os/as convidados/as, persoas con relación coas temáticas tratadas nas pezas, ofrecerán o punto de vista práctico, serán quen contraste o que a obra conta, o que “quere dicir” con como se vive desde a realidade do presente esas mesmas situacións. A partir de aí, o debate estará aberto ao público asistente e aos elencos artísticos.

#CONVERSANDO. O martes 7 de maio de 18.00 a 20.00 h na Casa das Mulleres Xoana Torres, conversamos con María Lado e Iria Pinheiro, entrevista bidireccional. Coa autora do texto e a protagonista da peza documental, a actividade será un diálogo entre as dúas, repaso da orixe do espectáculo, o proceso de escrita do texto e transversalmente pola(s) violencia(s) ás que como mulleres creadoras están expostas
Público: adulto
Ata completar capacidade

#CONVERSANDO. O xoves 9 de maio  de 18.00 a 20.00 h na Casa das Mulleres Xoana Torres teremos un faladoiro aberto baixo o título Nin tolas nin histéricas: consecuencias da violencia obstétrica. Que é a violencia obstétrica? Como identificala? Cales son as súas consecuencias? Afondaremos sobre todas estas cuestións e convidaremos tamén a colectivos que traballan contra as violencias arredor do corpo e os procesos reprodutivos das mulleres. A relatora será Martina González, psicóloga e sexóloga.
Público: adulto
Ata completar capacidade

Duración: 
75'
Entradas: 

12 € (descontos habituais do 50%)

 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

 

Teléfono: 981 542 349

Funcións: 
Xoves, 9 Maio, 2019
20:30
Teatro Principal
Venres, 10 Maio, 2019
20:30
Teatro Principal