ANA TIJOUX: 'ANTIFA DANCE'

DATOS BÁSICOS

Ana Tijoux, iniciada no hip-hop, atravesa as fronteiras do xénero e moitas outras grazas á súa poderosa traxectoria, que a converteu na figura chilena de maior relevancia internacional da súa xeración. Con cinco discos gravados desde 2007, unha axenda de tours e festivais por mais de quince países de América e Europa desde 2009, colaboracións con figuras globais como a mexicana Julieta Venegas, o uruguaio Jorge Drexler ou a palestiniana Shadia Mansour, un Grammy Latino en 2014 e outras seis nominacións aos premios Grammy e Grammy Latino son algúns dos destaques dunha carreira onde a conciencia política está sempre presente no discurso e na acción.

O rebentar da crise social en Chile en outubro de 2019 non deixou a Ana indiferente e respondeu a tempo e coa coherencia que a caracteriza lanzando rapidamente o seu #cacerolazo, unha explosión de acción sonora que apela ao movemento e á danza como resposta de rebeldía alegre contra a inxustiza do sistema e a represión do Estado. Iniciase así unha nova manifestación creativa que a levou a dar o nome ao disco que lanzou en outubro de 2020: ‘Antifa Dance’, un exercicio sonoro furiosamente actual, repleto de ritmos urbanos que non esquecen as súas raíces, como as árbores que conquistan o seu espazo entre o asfalto das cidades.

Ana volta ao rap, á palabra, ao internacionalismo que nos é reclamado pola emerxencia mundial, a ser unha para todas e todas para unha, á loita antifascista que, por moi incrible que pareza, volta a ser necesaria. Este novo disco pretende ser un abrazo honesto para todas as persoas que sofren as inxustizas deste sistema e loitan contra elas. Estas cancións son unha homenaxe e unha inxección de ánimo para todas elas.

Duración: 
80 min
Información da billeteira: 

LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 h na web

14 euros

  • Descontos do 50% para colectivos habituais

Venda presencial:

  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18 a 21 h. Teléfono: 981 542 349
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só o día do espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Sábado, 29 Maio, 2021
19:30
Auditorio de Galicia

UBICACIÓN

Auditorio de Galicia