CINEUROPA | RETROSPECTIVA JESSICA HAUSNER:
"CONTROL/DESCONTROL"
Jessica Hausner
Austria / 96 min. / Drama / Alemán
Ficha artística:
Christian Friedel, Birte Schnoeink, Stephan Grossmann, Katharina Schüttler, Hana Sofia Lopes, Sebastian Hülk, Paraschiva Dragus, Rosa Enskat, Sandra Hüller
Ficha técnica:
Guión: Jessica Hausner
Fotografía: Martin Gschlacht
Sinopse:
No seo da xélida aristocracia decimonónica alemá, preocupada ao ver en perigo os seus privilexios pola influencia das ideas revolucionarias importadas de Francia, o mozo poeta Heinrich decide poñerlle fin á súa existencia e proponlle á súa prima Marie suicidarse xuntos. Ante o escepticismo dela, o poeta reitéralle a súa proposta a Henriette, nai de familia que lle declarou a súa admiración pola última novela. Esta verase tentada a aceptar despois de saber que padece unha doenza incurable. Conseguirá este homeatormentado convencer unha das mulleres a acompañalo ao menos na morte? A cal delas?
2014: sección Un Certain Regard do Festival de Cannes