AMOUR FOU (2014)

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA | RETROSPECTIVA JESSICA HAUSNER:

"CONTROL/DESCONTROL"

 

Jessica Hausner

Austria / 96 min. / Drama / Alemán

 

Ficha artística:

Christian Friedel, Birte Schnoeink, Stephan Grossmann, Katharina Schüttler, Hana Sofia Lopes, Sebastian Hülk, Paraschiva Dragus, Rosa Enskat, Sandra Hüller

 

Ficha técnica:

Guión: Jessica Hausner

Fotografía: Martin Gschlacht

 

Sinopse:

No seo da xélida aristocracia decimonónica alemá, preocupada ao ver en perigo os seus privilexios pola influencia das ideas revolucionarias importadas de Francia, o mozo poeta Heinrich decide poñerlle fin á súa existencia e proponlle á súa prima Marie suicidarse xuntos. Ante o escepticismo dela, o poeta reitéralle a súa proposta a Henriette, nai de familia que lle declarou a súa admiración pola última novela. Esta verase tentada a aceptar despois de saber que padece unha doenza incurable. Conseguirá este homeatormentado convencer unha das mulleres a acompañalo ao menos na morte? A cal delas?

 

2014: sección Un Certain Regard do Festival de Cannes

 

Duración: 
1 h 36 min
Entradas: 

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Funcións: 
Mércores, 27 Novembro, 2019
16:15
Teatro Principal